CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG propón para esta noite a ficción galega "Hotel Almirante. A película", ambientada no Lugo da posguerra

21/08/2017

Unha historia de sagas familiares dirixida por Antonio Cuadri, que comeza coa aparición do cadáver dunha moza nun hotel

A TVG propón para esta noite a ficción galega "Hotel Almirante. A película", ambientada no Lugo da posguerra

Santiago, 21.08.2017.-  Televisión de Galicia segue a apostar na súa programación dos luns á noite pola produción cinematográfica con selo galego. Nesta ocasión proporá “Hotel Almirante. A Película” (22.05 horas), filme participado pola TVG, rodado en Galicia, producido por empresas do país e realizado por profesionais do audiovisual galego.

ler máis

Mergullados de cheo no ambiente estival, “Aquí Hai Praia” visita praias coñecidas internacionalmente nas illas Cíes e en Oleiros

20/08/2017

O programa tamén visitará o areal de Coto, en Barreiros, centrado na actividade e os deportes acuáticos

Mergullados de cheo no ambiente estival, “Aquí Hai Praia” visita praias coñecidas internacionalmente nas illas Cíes e en Oleiros

Santiago, 20.08.2017.- Comeza unha nova edición de “Aquí Hai Praia” (23.55 horas) desde unha das praias máis recoñecidas non só polos galegos, senón incluso a nivel internacional, como é a de Bastiagueiro, en Oleiros. Ideal para a práctica do surf e o windsurf ao ser rectilínea con ondada e ventosidade moderada, atópase nun ámbito semiurbano. Grande, con moitos servizos arredor e moito aparcamento.

Posúe carril bici, polo cal se pode ir ata Santa Cruz ou Santa Cristina; tamén se pode chegar en barco, nun bonito paseo en barcas a motor que salgue do porto da Coruña. O surf é unha das actividades principais, así como o fútbol praia con pachangas organizadas polos propios usuarios e incluso, liguiñas de fútbol. Non faltan os paseantes que, coa marea baixa, aproveitan para facer exercicio camiñando de punta a punta.

ler máis

Os seguidores de “+Pachanga” móvense esta noite entre os sons de Los Satélites e da Capitol

20/08/2017

Estas dúas formacións son un clásico das verbenas galegas, que saben divertir a todos os públicos

Os seguidores de “+Pachanga” móvense esta noite entre os sons de Los Satélites e da Capitol

Santiago, 20.08.2017.- O percorrido polas orquestras galegas, que fai cada semana "+Pachanga" (22.00 horas), non pode prescindir das dúas protagonistas de hoxe, Los Satélites e a Capitol. Dúas clásicas da verbena que saben divertir a todos os públicos.

Los Satélites, nos seus inicios unha banda militar, foi a primeira orquestra galega en viaxar a América e tamén a mais televisiva dos anos setenta. Hoxe en día, case 80 anos despois da súa creación, seguen enchendo os campos da festa en Galicia. Para coñecelos mellor, a reporteira Patri Santana, acompañará a formación nos momentos previos a unha actuación.

Por outra banda, o reporteiro Javi Rocha, terá a misión de achegarse á “Familia Capitol”. A orquestra compostelá é a única de Galicia que organiza unha xuntanza cos seus fans para gozar dunha gran papatoria, que logra xuntar ata 500 seguidores.
 
E, por suposto, non faltan no programa de hoxe, nin os comentarios do experto en verbenas Daniel Seijas, nin a crítica aos estilismos dos nosos protagonistas no “Verbena Style”.

ler máis

As reporteiras de "Vaia Troula" asisten ás festas de Lalín, Laxe, Sada e Xinzo de Limia

20/08/2017

As vilas de Redondela, Betanzos, Padrenda, Oza-Cesuras, Cambados e Nigrán tamén serán protagonistas do programa de hoxe

As reporteiras de "Vaia Troula" asisten ás festas de Lalín, Laxe, Sada e Xinzo de Limia

Santiago. 20.08.2017- O domingo pola noite na Televisión de Galicia é tempo de "Vaia Troula" (22.35 horas). A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello pontevedrés de Lalín, na parroquia de Doade, onde celebran a XVIII edición da malla tradicional. Trátase dunha celebración que rememora o traballo no campo dos nosos avós, na que tampouco faltará a boa comida e unha divertida foliada.

Pola súa banda, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Laxe para vivir o emocionante naufraxio e a procesión que cada ano organizan para honrar a Virxe do Carme. Belén Vara achegarase ata Sada. Alí, e como parte das súas festas patronais, celebran unha gran sardiñada a que acoden milleiros de persoas.  E Antía Muíños viaxará a Xinzo de Limia para vivir en primeira persoa a espectacular Festa do Esquecemento, que recrea a chegada dos romanos a este concello ourensán.

As cámaras de "Vaia Troula" tamén estarán presentes no multitudinario Entroido de verán de Redondela, na Xira dos Caneiros en Betanzos e nas festas de Monterredondo en Padrenda. As festas da confraría, en Oza-Cesuras, a celebración da Virxe das Angustias de Nigrán e a exaltación dos fideos con ameixas de Cambados completan o menú trouleiro do programa deste domingo. Como sempre, "Vaia Troula" tamén ofrece as actuacións dos mellores grupos e orquestras do momento.

ler máis

Televisión de Galicia "Vive a Peregrina", en directo, desde Pontevedra

19/08/2017

O ambiente, os Cantos de Taberna, a zona antiga e a mellor gastronomía serán algunhas das propostas deste especial

Televisión de Galicia "Vive a Peregrina", en directo, desde Pontevedra

Santiago, 19.08.2017.-  Televisión de Galicia inicia esta noite a súa faixa de programación nocturna desde Pontevedra, desde onde un equipo capitaneado pola xornalista Noelia Otero amosará en directo o ambiente e as actividades máis destacadas que se están desenvolvendo con motivo da Festa da Peregrina, os festexos de maior afluencia da cidade.

Baixo o lema de “Vive a Peregrina” (22.05 horas), a canle pública compartirá coa súa audiencia os momentos máis característicos desta celebración, que nestes días vive a súa semana grande. A carroza procesional para a ofrenda floral á Virxe, os pasacalles, as charangas, os concertos ao aire libre ou a Batalla das Flores. Nesta celebración tamén teñen un oco destacado os coñecidos Cantos de Taberna, que pola noite anegan os bares do centro histórico de Pontevedra, da man de Maravallada ou Os Regatos.

Aproveitando a festividade, este programa especial amosará a historia da Peregrina, patroa do camiño portugués e cuxa capela se converteu nun emblema da cidade. Ademais, amosará as prazas e os lugares máis fermosos da zona antiga da cidade e presentará a mellor gastronomía do lugar.

ler máis

O espazo “Aquí Galicia” marabíllase coas paraxes, gastronomía e música máis destacadas da Pobra do Caramiñal

19/08/2017

Nesta edición, contarase coas actuacións, en directo, da orquestra Los Trovadores, da Banda de Música Cultural de Arcade e da cantante Tania Veiras, entre outros


O espazo “Aquí Galicia” marabíllase coas paraxes, gastronomía e música máis destacadas da Pobra do Caramiñal

Santiago, 19.08.2017.- Continuando co seu percorrido polos distintos concellos galegos, “Aquí Galicia” (16.25 horas) viaxa hoxe ata a Pobra do Caramiñal e, para coñecer máis sobre o concello e a súa comarca, os reporteiros amosaranlles aos espectadores algúns dos mellores areais e paraxes da zona e os tesouros artísticos da contorna. Ademais, acompañarán os mariñeiros da vila para coñecer as súas vivencias e practicarán algúns deportes náuticos.

Por outra banda, no apartado gastronómico, o equipo do programa elaborará pratos da cociña típica doutros países con produtos autóctonos da zona, aínda que tamén realizará outras receitas máis tradicionais, como pescada en caldeirada e frita con tempura.

A música será, de novo, un dos ingredientes principais da edición. O programa contará coas actuacións, en directo, da orquestra Los Trovadores, da Banda de Música Cultural de Arcade e da cantante Tania Veiras. Amais, subirán ao escenario a escola de baile, gaita e pandeireta Caramiñas, o grupo de baile Arrancadeira e a academia de baile El Tomasón.

ler máis

Nun especial dedicado aos avós, "Bamboleo" bailará ao ritmo do grupo Efecto Pasillo, Andy&Lucas e David Barrull

19/08/2017

Os convidados desta noite farán gozar os espectadores polas súas historias de amor, bailes e músicas dedicadas ou feitas por e para avós

Nun especial dedicado aos avós, "Bamboleo" bailará ao ritmo do grupo Efecto Pasillo, Andy&Lucas e David Barrull

Santiago, 19.08.2017.- “Bamboleo” (23.10 horas), o espazo de entretemento da Televisión de Galicia cada sábado á noite, dedícalle o programa aos avós. O presentador Xose Manuel Piñeiro conducirá as diferentes seccións, que nesta ocasión contarán con convidados moi especiais, que farán gozar os espectadores polas súas historias de amor, bailes e músicas dedicadas ou feitas por e para avós.

No apartado musical, o espazo recibirá a visita da banda grancanaria Efecto Pasillo, que publicou o seu terceiro traballo discográfico, “Tiembla la Tierra”, e contará coa presenza de Andy & Lucas, que, despois de celebrar hai apenas tres anos o seu décimo aniversario con “Máis de 10”, continúan xerando éxitos co seu álbume “Imparable”. Ademais, tamén se subirá ao escenario o cantante David Barrull, gañador dun talent show musical, que xa conta con dous traballos no mercado, “Sueños Cumplidos” e “El pirata de tus sueños”.

ler máis

A TVG ofrece un Especial Informativo sobre a última hora dos atentados en Cataluña

18/08/2017

Os medios públicos galegos mudaron onte á tarde a súa programación habitual para informar sobre o ataque acontecido en Barcelona

A TVG ofrece un Especial Informativo sobre a última hora dos atentados en Cataluña

Santiago, 18.08.2017.- Televisión de Galicia ofrecerá esta tarde un Especial Informativo, a partir das 18.00 horas, para analizar polo miúdo as últimas noticias que se van producindo sobre os tráxicos atentados acaecidos en Barcelona e Cambrils, que causaron onte 14 mortos e máis dun cento de feridos e cuxa autoría foi recoñecida polo Estado Islámico.

O especial, que se estenderá ata o inicio do “Galicia Noticias Serán” (20.25 h.), contará con información actualizada conforme se vaian coñecendo máis datos sobre o acontecido e daralles voz aos galegos que viven na capital catalá.

O xornalista Carlos F. Amado estará acompañado no estudio de gravación por distintos analistas, colaboradores habituais da TVG, como Roi Rodríguez, Carla Reyes e José Luís Jiménez, así como polo experto en xihadismo Manuel Estévez Sáa.  

Cobertura do atentado

ler máis

Arrinca a temporada de fútbol esta fin de semana na "Liga das Cidades" e no "Galicia en Goles" dos medios públicos

18/08/2017

O Rácing de Ferrol- Coruxo e o Rápido de Bouzas- Guijuelo, entre as transmisións de 2ªB que ofrecerán a tvG2, a Radio Galega e a web da CRTVG

Na emisora pública, os partidos estrela na División de Honra serán o Celta- Real Sociedade e o Deportivo- Real Madrid

Continúan as Ligas Euskotren e Eusko Label de traiñeiras que, o sábado e domingo, se disputarán en augas de Zarautz

 

&nbs

Arrinca a temporada de fútbol esta fin de semana na "Liga das Cidades" e no "Galicia en Goles" dos medios públicos

Santiago, 18.08.2017.- O fútbol galego volve esta fin de semana os medios públicos galegos. Co comezo da temporada ligueira 2017-18, “A Liga das Cidades” retoma a súa actividade na tvG2 e na web da CRTVG para achegar os partidos máis destacados da 2ªB  e da Terceira División. Pola súa parte, o “Galicia en Goles” da Radio Galega regresa con máis forza ca nunca, xa que amplía a súa programación, cunha edición matinal na xornada dominical (12.00- 14.00 h.), para ofrecer os principais partidos tanto na División de Honra coma en categorías inferiores.

Nesta primeira xornada futboleira, a web da CRTVG e a Radio Galega estarán presentes o sábado, ás 18.00 horas, no Cerceda- Navalcarnero, pertencente á Segunda División B. Ás 20.00 horas, tamén a través da tvG2 e en directo, poderase seguir o debut esta temporada do Rácing de Ferrol fronte ao Coruxo.

O domingo, o fútbol recuperará o protagonismo en "A Liga das Cidades", ás 18.30 horas, coa transmisión do Rápido de Bouzas-Guijuelo, nos medios públicos galegos (tvG2, Radio Galega e web). O programa “En Xogo” regresa tamén, ás 22.40 horas, para ofrecer unha completa análise, cos goles e os mellores momentos vividos nos estadios de fútbol cada xornada.

A Radio Galega, desde o sábado coa Liga

ler máis

"Feirantes", o concurso de polbeiros da TVG, contará coa visita do chef Alberto González

18/08/2017

Pío de Ourense, Cristina do Morrazo e Maruxa serán os concursantes de hoxe

"Feirantes", o concurso de polbeiros da TVG, contará coa visita do chef Alberto González

Santiago, 18.08.2017.- Chega a Televisión de Galicia o terceiro programa da tempada de “Feirantes” (22.05 horas), onde os concursantes serán Pío de Ourense, con Mercedes Rodríguez de Pulpería Neira como mestra polbeira e polo equipo azul; Cristina do Morrazo, con Amador Porta de Polbeiría Porta da Estrada no equipo laranxa; e Maruxa, no equipo verde con Paco Gómez de Pulpería Á Feira. Os tres intentarán buscar unha boa puntuación de cara a ter posibilidades para ser o mellor polbeiro.

ler máis