CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A actriz Elena Furiase regresa a "Land Rober Tunai Show" disposta a todo

12/10/2017

O espazo da TVG tamén recibirá a Fredi Leis, cantautor e actor galego que acaba de rodar a película “A Sombra da Lei” xunto a Luís Tosar

A actriz Elena Furiase regresa a "Land Rober Tunai Show" disposta a todo

Santiago, 12.10.2017.- Este xoves, o “Land Rober Tunai Show” (22.10 horas) terá a honra de volver recibir a visita dunha das actrices máis simpáticas da televisión: Elena Furiase. E para non perder o costume, a neta da lembrada Lola Flores farao máis difícil aínda: volverá enfrontarse a Roberto Vilar e aos seus xogos máis tolos.

O espazo da TVG tamén recibirá a Fredi Leis, cantautor e actor galego que acaba de rodar a película “A Sombra da Lei” xunto a Luís Tosar, que agasallará os espectadores cunha actuación en rigoroso directo en que interpretará o seu novo sinxelo, “Mariposas”.

As probas máis divertidas e humor a esgalla co regreso do Kim-Jong Un máis desenfreado nun divertido sketch completan o menú deste xoves. Non fallará á cita o dúo dinámico de humor do programa, formado por Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias.