CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A irrupción dun criminal no pazo pode alterar a fuxida de Helena con Mario, na nova entrega de 'Lobos e cordeiros'

11/02/2019

Esta ameaza xorde cando vai chegar a Viguña o almirante Bermúdez para facer firme o compromiso do seu fillo con Helena

A irrupción dun criminal no pazo pode alterar a fuxida de Helena con Mario, na nova entrega de 'Lobos e cordeiros'

Santiago, 11.02.2019.-  Descobren un corazón ensanguentado e unha nota ameazante dirixida ao marqués cravada cun coitelo na mesa do seu despacho. A irrupción dun criminal no pazo revoluciona tanto á familia do marqués coma a vida dos seus criados. Esta presenza ameazadora xorde xusto cando está a piques de chegar a Viguña, localidade ficticia de 'Lobos e cordeiros' (22.15 h.), o almirante Bermúdez, pai do capitán, para facer firme o compromiso de seu fillo con Helena.

Ninguén imaxina que o que está a piques de facer Helena é fuxir con Mario, nin tampouco a verdadeira natureza do criminal. A vixilancia da Garda Civil por mor da visita do almirante, que é conde e amigo íntimo da Rexente, complica a fuxida de Mario e Helena.

Bermúdez, que ve como Helena volve defender a Mario cando pensa que o acusan de novo de ser cómplice da Loba, advírtelle que unha vez estean casados impediralle seguir vendo o mozo, xa que pensa despedilo para evitar rumores do que pode haber ou non entre eles.