CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega ofrece este luns entrevistas, en desconexión, aos candidatos das principais forzas parlamentarias

12/04/2019

Poderanse escoitar na emisora pública, ás 13.10 horas, por orde de significación política, rematando coa formación máis votada

 

 

A Radio Galega ofrece este luns entrevistas, en desconexión, aos candidatos das principais forzas parlamentarias

Santiago, 14.04.2019.- A Radio Galega ofrece este luns, en desconexións provinciais, entrevistas cos candidatos ao Congreso ou ao Senado das formacións políticas que obtiveron representación en cada unha das circunscricións e aqueles candidatos dos considerados grupos políticos significativos nas mesmas.

As entrevistas poderanse escoitar na emisora pública galega ás 13.10 horas e manterán unha duración proporcionalmente ponderada. Emitiranse por orde da significación política, iniciando cos grupos significativos e rematando coa formación máis votada.