CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG emite, a partir deste domingo, a triloxía “Martes de Carnaval” de Valle Inclán

09/02/2013

 

Composta por “As galas do defunto”, "Os cornos de Don Friolera” e “A filla do capitán”, están consideradas como pezas fundamentais do xénero do ‘esperpento’

 

Trátase dunha produción de TVE de 2008 na que participan actores como Juan Diego, Juan Luís Galiardo, Adriana Ozores, Paco Tous, Pilar Bardem, Pepón Nieto, María Pujalte, Antonio Gamero, Magüi Mira e Jesú

A TVG emite, a partir deste domingo, a triloxía “Martes de Carnaval” de Valle Inclán

 

Santiago, 09.02.2013.- Para festexar o Entroido, unha das festas con máis sona e tradición no calendario galego, a Televisión de Galicia emite, a partir deste domingo e ata o martes, a triloxía Martes de Carnaval de Valle Inclán, composta por “As galas do defunto” (domingo, ás 00.30 h.), “Os cornos de Don Friolera” (luns, ás 00.30 h.) e “A filla do capitán” (martes, ás 00.30 h.).

Polo contido descritivo e o emprego da linguaxe utilizado nos diálogos e accións desta triloxía, a obra está considerada como unha das pezas de pleno desenvolvemento do esperpento, un xénero literario que mostra unha nova forma de ver o mundo, xa que deforma e distorsiona sistematicamente a realidade, para presentar a imaxe real que se oculta tras ela. As obras de Martes de Carnaval ofrecen unha visión dunha sociedade que se encontraba no caos político, coa intención sempre de criticala.  

A representación, que verán ao longo destes días, é unha produción de TVE de 2008 e para a que se contou cun elenco de actores como Juan Diego, Juan Luís Galiardo, Adriana Ozores, Paco Tous, Pilar Bardem, Pepón Nieto, María Pujalte, Antonio Gamero, Magüi Mira e Jesús Franco, entre outros.

Na foto superior, Juan Luís Galiardo é don Sócrates en "As galas do defunto".

 

Galería de imaxes