CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

"Galicia, terra meiga", o tema que fixo de Ana Kiro un mito da canción galega, protagonista de "No bico un cantar"

22/01/2013
"Galicia, terra meiga", o tema que fixo de Ana Kiro un mito da canción galega, protagonista de "No bico un cantar"

Santiago, 22.01.2013.- Na súa cuarta entrega, o programa “No bico un cantar” achegarase hoxe, ás 22.15 horas, a todo un éxito da música galega, “Galicia, terra meiga”, unha canción que lle deu o punto de partida como artista estrela a Ana Kiro.

ler máis

TVG ofrece "Ana Kiro. Toda Unha Vida", un especial sobre a raíña da canción popular galega

17/09/2011

Dada a proximidade do aniversario do seu pasamento, a canle pública ofrecerá esta noite e o próximo sábado dous programas a modo de homenaxe á artista arzuá

Hoxe, Sonia López e Ricardo Pardo achegarán algunhas das súas mellores actuacións musicais e darán paso a unha das súas galas máis lembradas

TVG ofrece "Ana Kiro. Toda Unha Vida", un especial sobre a raíña da canción popular galega

Santiago, 17.09.2011.-  Televisión de Galicia ofrece esta noite o especial Ana Kiro. Toda Unha Vida, dedicado á considerada raíña da canción popular galega, a uns días de cumprirse o primeiro aniversario do seu pasamento (24 de setembro de 2010). Dada a proximidade desta data e a modo de homenaxe, a Galega ofrecerá senllos programas especiais, esta noite e o próximo sábado, onde se recuperarán algunhas das mellores actuacións como cantante da versátil artista arzuá.

ler máis

A TVG volve emitir “MIÑA SOGRA E MAIS EU”, a primeira serie en que Ana Kiro interveu como actriz protagonista

25/10/2010
A TVG volve emitir “MIÑA SOGRA E MAIS EU”, a primeira serie en que Ana Kiro interveu como actriz protagonista

Santiago, 25 outubro 2010.- A partir desta noite, despois de “Pratos Combinados”, a Televisión de Galicia volve emitir a serie “Miña sogra e mais eu”, a primeira ficción en que a Ana Kiro interviña como actriz protagonista.

ler máis

Pesar polo pasamento de Ana Kiro

24/09/2010

A CRTVG traslada o seu pesar e amosa a súa condolencia polo falecemento de Ana Kiro, artista cuxa traxectoria persoal e musical ten unhas fondas e fortes raíces nos medios de comunicación públicos galegos, onde desenvolveu as súas facetas como actriz, cantante e presentadora. Tanto na Televisión de Galicia como na Radio Galega, a artista deixou a pegada dunha grande calidade humana e dun talento profesional que fixeron posible que Ana Kiro quede xa para sempre no

Pesar polo pasamento de Ana Kiro

Na súa memoria, a TELEVISIÓN DE GALICIA está a realizar desde esta mañá unha completa cobertura desde Mera, lugar de residencia da cantante de Arzúa e localidade onde está instalada a capela ardente, e desde Castañeda, a aldea onde naceu, para dar cumprida conta nos seus espazos informativos das declaracións e das persoas que se acheguen a dar o último adeus á artista.

ler máis