CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia finalizou o proceso de dixitalización das súas delegacións

05/06/2014

Levouse a cabo nas sedes da canle pública galega da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Madrid e supuxo, entre outras cousas, a incorporación de cámaras robotizadas

 

Os cambios na infraestrutura inclúen novos estudios audiovisuais, avances na edición e na posprodución e renovacións nos controis de realización

 

Cada delegación dispón dun arquivo audiovisual propio en calidade HD

A Televisión de Galicia finalizou o proceso de dixitalización das súas delegacións

Santiago, 05.06.2014.-   A Televisión de Galicia vén de dar un paso máis na adaptación da súa infraestrutura tecnolóxica ao competitivo escenario actual coa conclusión do proceso de dixitalización das delegacións, que a canle autonómica ten nas cidades da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Madrid. Este proceso terá continuidade e finalizará coa total modernización da redacción situada na sede do ente público galego.

ler máis

Os medios públicos porán toda a súa atención na posible vitoria e festexos do Deportivo na Coruña

30/05/2014

A Radio Galega ofrecerá en directo este sábado o partido dos brancos e azuis e terá tamén un dispositivo preparado para cubrir a celebración, se os resultados son favorables

 

A tvG2 e a web da CRTVG retransmitirán amais o S.D. Eibar- C.D. Lugo e o Pontevedra- Atlético Granadilla, en fase de ascenso

Os medios públicos porán toda a súa atención na posible vitoria e festexos do Deportivo na Coruña

Santiago, 30.05.2014.- Os medios públicos galegos dirixirán toda a súa atención cara a Riazor, nunha xornada crucial para o Deportivo, que volve xogarse esta fin de semana o posible regreso á Primeira División. Se os resultados son favorables para os brancos e azuis, as cámaras e os micros da tvG2 e da Radio Galega serán partícipes da festa que se viva na Coruña durante a xornada con programas especiais

ler máis

Sánchez Izquierdo advirte que a CRTVG cumpre "unha función esencial para a sociedade, enchendo o oco que deixan as canles privadas"

30/05/2014

 

O director xeral do ente presentou no Parlamento o Informe de Servizo Público do exercicio 2013, no que se xestionaron 46 millóns menos que hai cinco anos e que se pechou por quinta vez consecutiva en equilibrio orzamentario

 

Destacou que a TVG foi novamente a referencia informativa de Galicia, con 1.800 horas de programas de noticias e índices de audiencia líderes, obtendo o recoñecemento da Academia española da Televisi&oacu

Sánchez Izquierdo advirte que a CRTVG cumpre "unha función esencial para a sociedade, enchendo o oco que deixan as canles privadas"

Santiago, 30.05.2014.- O director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, manifestou hoxe que o ente público e as televisións autonómicas en xeral cumpren “unha función esencial para a sociedade, enchendo o oco que deixan as privadas cunha programación fresca, de calidade e diferenciada das modas impostas polos grandes grupos”, ao tempo que ofrecen “unha alternativa publicitaria no ámbito galego” e “prestando atención á cultura e á nosa lingua, e con información de proximidade”. Estas afirmacións fíxoas na súa comparecencia diante da Comisión de Control da CRTVG no Parlamento para presentar o Informe de Servizo Público de 2013.

ler máis

O Especial Eleccións Europeas da TVG foi seguido por máis de 370.000 espectadores

26/05/2014

O programa, que tivo unha cota media de pantalla de 10,9%, acadou picos de audiencia de 16%

O Especial Eleccións Europeas da TVG foi seguido por máis de 370.000 espectadores

Santiago, 26.05.2014.-  O Especial Eleccións Europeas que ofreceu a Televisión de Galicia onte ao peche dos colexios electorais europeos, a partir das 23.00 horas, foi contactado ao longo da súa emisión por 374.000 galegos, o que supón o 14,1% da poboación de 4 e máis anos. Este programa, que estivo presentado por Marta Darriba e Xosé M. Maseda, tivo unha cota de pantalla de 10,9%, aínda que chegou a acadar picos de audiencia de 16%. 

ler máis

Comezan as emisións das obras finalistas do oitavo premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

26/05/2014

Cristina Domínguez é a responsable das adaptacións radiofónicas de Explotados, Para o norte, A guerra silenciosa e A primeira vez

A Radio Galega emite ao longo de dúas semanas as catro obras de teatro radiofónico selecionadas nesta oitava edición

Comezan as emisións das obras finalistas do oitavo premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Santiago, 26.05.2014.-  A Radio Galega emite desde hoxe ata o 6 de xuño as catro obras finalistas do VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que organiza a Radio Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, patrocinadora do certame. Coa adaptación radiofónica de Cristina Domínguez, un elenco integrado por seis actores e actrices – Mónica García, Machi Salgado, Marcos Correa, María Llanderas, Aaron Gómez Gallego e César Goldi- pon voz aos personaxes dos textos Explotados, Para o norte e A guerra silenciosa

ler máis

A CRTVG e a Zona Franca de Vigo colaborarán en materia de emprendemento e innovación

23/05/2014

O ente público galego e o Consorcio asinaron un convenio destinado a  favorecer o achegamento entre emprendedores audiovisuais e a Compañía.

Sánchez Izquierdo sinalou que o obxectivo deste acordo é “encaixar a TVG e a Radio Galega nos novos escenarios de competencia e de resposta social que temos que dar nos vindeiros anos”.

A CRTVG e a Zona Franca de Vigo colaborarán en materia de emprendemento e innovación

Santiago, 23.05.2014.- O ente público galego e o Consorcio da Zona Franca colaborarán en materia de emprendemento e innovación. Así o estableceu este mediodía a delegada do Estado no Consorcio, Teresa Pedrosa, e o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, coa sinatura dun convenio de colaboración, no Centro de Negocios do Porto do Molle (Nigrán).

ler máis

Televisión de Galicia e Radio Galega ofrecen especiais con motivo dos actos de peche de campaña

23/05/2014

Os medios públicos galegos realizarán senllos programas resumo arredor da media noite

Ademais, a Galega realizará conexións en directo cos últimos mitins dos principais partidos políticos

Televisión de Galicia e Radio Galega ofrecen especiais con motivo dos actos de peche de campaña

Santiago, 23.05.2014.-  Os medios públicos galegos seguirán de preto os actos de peche de campaña dos principais partidos políticos. Así, no tempo do “Telexornal Serán” da Televisión de Galicia realizaranse conexións en directo con cada un dos mitins de peche de campaña dos grandes partidos políticos, dentro do bloque electoral, que terá unha duración de 5'.

ler máis

Preséntase unha unidade didáctica baseada na película da TVG "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres"

22/05/2014

O material toma como base o filme e estrutúrase en catro bloques, que abranguen as facetas desta escritora galega, avogada, activista social e loitadora feminista

 

Rosa Vilas destacou esta iniciativa e sinalou que ao ser a TVG impulsora da película “non podía deixar de estar apoiando este proxecto didáctico”

Preséntase unha unidade didáctica baseada na película da TVG "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres"

Santiago, 22.05.2014.- Este mediodía presentouse a unidade didáctica 'Concepción Arenal, unha voz rompedora', realizada por África B. López Souto sobre a película da TVG “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”. O acto, que tivo lugar no I.E.S. Concepción Arenal de Ferrol, contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; da secretaria xeral de Igualdade, Susana Lopez Abella; da directora xerente da TVG, Rosa Vilas; da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo; do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e de Zaza Ceballos, directora da produtora Zenit Televisión.

ler máis

Visita da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña ás instalacións da CRTVG

21/05/2014

Tras realizar un percorrido polas instalacións do ente público galego, mantiveron un encontro coa directora da Televisión de Galicia

Visita da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña ás instalacións da CRTVG

Santiago, 21.05.2014.-  A CRTVG recibiu esta mañá a visita dun grupo de emprendedores da Coruña, integrados na Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña -AJE A Coruña-, de ámbito provincial.

ler máis

No informativo "Bos Días", rolda de entrevistas electorais aos representantes dos principais partidos galegos

21/05/2014

Presentadas por Jesús Fontenla, emitiranse por orde crecente, en directo e en días consecutivos

No informativo "Bos Días", rolda de entrevistas electorais aos representantes dos principais partidos galegos

Santiago, 19.05.2014.- A Televisión de Galicia inicia hoxe unha rolda de entrevistas a todos os partidos que obtiveron máis de cen mil votos na comunidade galega nas eleccións europeas de 2009, ou que son grupos políticos significativos, e concorren aos comicios ao Parlamento Europeo do próximo 25 de maio. 

ler máis