CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Música ao vivo, a aposta do novo programa da tvG2 "Enrede"

18/01/2012

Neste primeiro programa, concerto de Miki Nervio & the bluesmakers

Música ao vivo, a aposta do novo programa da tvG2 "Enrede"

Santiago, 18.01.2012.-  A segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2 estrea esta noite, ás 23.30h, o programa de música “Enrede”, producido por Casa de Tolos. Un espazo onde os protagonistas serán os grupos e as salas pertencentes á Rede Galega de Música ao Vivo.

ler máis

Monográfico de "Eirado" sobre Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra este ano

14/01/2012

O espazo cultural da tvG2 conversará esta noite con seu fillo e con expertos na narrativa e na poesía do autor de "Longa noite de pedra"

Monográfico de "Eirado" sobre Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra este ano

Santiago, 14.01.2012.-      Despois do monográfico da semana pasada sobre Valentín Paz Andrade, a segunda edición deste ano de “Eirado” estará dedicada tamén de xeito íntegro a outra das figuras protagonistas deste 2012, o escritor e político galego Celso Emilio Ferreiro, cuxo centenario se celebra no declarado polo Parlamento Galego como Ano Celso Emilio. Durante este tempo, que tamén coincide co medio século de “Longa noite de pedra”, exposicións, edicións, concertos e moitas outras actividades porán de manifesto a vixencia dunha obra imprescindible da literatura galega do século XX.

ler máis

A tvG2 acompaña esta fin de semana o Lobelle e o Obradoiro, os equipos composteláns de fútbol e de baloncesto

13/01/2012

A segunda canle da Galega ofrecerá o sábado ás 16.15 h o partido Lobelle-Santa Coloma, mentres que o domingo se transmitirá en directo o encontro de ACB entre o Blusens Monbus e o Cajasol

O partido de fútbol de Segunda División entre a Unión Deportiva As Palmas e o Barcelona B e o Cross de Itálica son outras das transmisións deportivas desta fin de semana

A tvG2 acompaña esta fin de semana o Lobelle e o Obradoiro, os equipos composteláns de fútbol e de baloncesto

Santiago, 13.01.2012.-    Unha fin de semana máis, a tvG2 ofreceralles aos espectadores unha completa oferta deportiva en que destacan os compromisos de liga do Lobelle e do Blusens Monbus, os equipos composteláns de fútbol sala e de baloncesto.

ler máis

A tvG2 pensa nos pequenos da casa e dedícalles boa parte da súa programación da fin de semana

30/12/2011

Longametraxes de animación e xuvenís, as series habituais do “Xabarín Club” e un maratón de capítulos de “Dragon Ball Kai” destacan na oferta

Os socios do club infantil da Galega que participen no concurso “Afíliate” entrarán no sorteo de varios agasallos, adaptados a todas as idades

A tvG2 pensa nos pequenos da casa e dedícalles boa parte da súa programación da fin de semana

Santiago, 30.12.2011.- Coma se dunha canle temática infantil se tratase, a tvG2 volve ser esta fin de semana unha boa opción para os pequenos da casa. Desde primeiras horas da mañá, o “Xabarín Club” encargarase de achegarlles capítulos das súas series favoritas, un maratón de capítulos de “Dragon Ball Kai” e longametraxes de animación e xuvenís que os entreterán no transcurso da tarde.   

ler máis