CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Radio Galega instalou na Cidade da Cultura un estudio que comparte con emisoras europeas e grava música para o Womex

24/10/2014

O magazine da RG “Somos Quen” ofrecerase mañá en directo desde alí

O ente público galego actúa como “media partner” nesta edición da máis importante feira profesional de músicas do mundo

A Radio Galega instalou na Cidade da Cultura un estudio que comparte con emisoras europeas e grava música para o Womex

Santiago, 24.10.2014.-    O estudio de radio instalado pola Radio Galega na Cidade da Cultura con motivo do Womex, a máis importante feira profesional de músicas do mundo, está a vivir durante estes días unha intensa actividade. Ademais da RG, da Cadena Ser e da BBC, que ofreceron emisións en directo desde Santiago, outras emisoras de países como Noruega, Portugal e Austria están a realizar gravacións de intérpretes que asisten a este grande encontro internacional.

O ente público galego actúa como “media partner” (medio asociado) nesta edición do Womex, a vixésima, o que implica actividades como a presenza permanente dun estudio móbil da Radio Galega na sede central do festival, na Cidade da Cultura, polo que están a pasar expertos de moitos países do mundo, e amplas coberturas da emisora e da Televisión de Galicia. Ademais, mañá, de 09.30 a 12.00 h., a Radio Galega ofrecerá en directo desde o Gaiás o seu magazine matinal “Somos Quen”, presentado por María Xosé Rodríguez.

Womex é un encontro profesional global, cunha ampla axenda de concertos para o público, que terá lugar ata o domingo en Santiago, estando previsto que asistan máis de dous mil delegados internacionais. As súa actividade feiral concéntrase na Cidade da Cultura, mentres que as actuacións están a ter lugar en diversos puntos de Compostela.

ler máis

Varias ducias de expertos europeos debateron na Radio Galega sobre a evolución das músicas do mundo e achegáronse á cultura galega

22/10/2014

No cumio do grupo Euroradio, o arpista Rodrigo Romaní explicou que a tradición musical galega segue a ser moi popular na nosa Comunidade

Uns corenta especialistas visitaron os estudios da Radio Galega e coñeceron a promoción do talento que fai o estudio de gravación a emisora

Os medios públicos galegos teñen a condición de "media partner" do Womex 2014, ao que lle prestan unha ampla cobertura

Varias ducias de expertos europeos debateron na Radio Galega sobre a evolución das músicas do mundo e achegáronse á cultura galega

Santiago, 22.10.2014.- A Radio Galega acolleu hoxe unha xornada do grupo Euroradio, dedicado a músicas do mundo, por parte de expertos procedentes das emisoras de radio públicas integradas na Asociación Europea de Radiodifusión, coñecida tamén como EBU ou Eurovisión. O evento organízase con motivo do festival internacional Womex, que se desenvolve en Santiago e reúne nas instalacións do ente público galego en San Marcos varias ducias de profesionais, que foron recibidos pola xefa de Programas da Radio Galega, Gloria Ferreiro, e polo director de Comunicación da CRTVG, Fernando R. Ojea. Ambos explicaron o significado da música na cultura galega e como a emisora pública contribúe a potenciala.

ler máis

A Radio Galega acolle en San Marcos un cumio de expertos en música das radios públicas de Europa, con motivo do festival Womex

20/10/2014

Os medios públicos galegos terán a condición de "media partner" co gran encontro musical internacional desta semana, ao que lle prestarán unha ampla cobertura

A Radio Galega acolle en San Marcos un cumio de expertos en música das radios públicas de Europa, con motivo do festival Womex

Santiago, 20.10.2014.- A Radio Galega acolle este mércores unha xornada do grupo Euroradio, dedicado a músicas do mundo, por parte de expertos procedentes das emisoras de radio públicas integradas na Asociación Europea de Radiodifusión, coñecida tamén como EBU ou Eurovisión. O evento organízase con motivo do festival internacional Womex, que se inicia o día seguinte en Santiago e vai reunir nas instalacións do ente público galego en San Marcos varias ducias de profesionais.

ler máis