CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Manquiña conversará hoxe en "O Gato con Botas" co cociñeiro Javier Olleros e coñecerá a súa vida dentro e fóra dos fogóns

13/02/2018

El e a súa muller son os fundadores de Culler de Pau, un dos restaurantes de referencia na gastronomía galega (00.00 h.)

Manquiña conversará hoxe en "O Gato con Botas" co cociñeiro Javier Olleros e coñecerá a súa vida dentro e fóra dos fogóns

Santiago, 13.02.2018.-    O programa “O Gato con Botas” viaxa hoxe ata O Grove para entrevistar a Javier Olleros, fundador de Culler de Pau, un dos restaurantes de referencia na gastronomía galega. Da man de Manuel Manquiña, Olleros fará un percorrido pola súa infancia, que pasou criado polos seus avós e soñando con ser futbolista.

O programa xirará arredor de Ollleros e da súa dona, Amaranta, fundadores dun dos restaurantes imprescindibles en Galicia. Ambos os dous contarán os segredos do éxito dunha cociña que mestura a modernidade cos produtos da terra.

A entrevista tamén trasladará os espectadores á horta ecolóxica onde medran as materias primas que se converterán en pratos na Culler de Pau, así coma polo mercado local que abastece este restaurante.