Especiais
Capitán planeta
22/09/1991
Ficha técnica:
- Produción: TBS PR. e DIC ENTERPRIS (USA, 1990)
- Sinopse: Capitán Planeta é unha serie de carácter ecoloxista, creada por Ted Turner co obxecto de concienciar dos cambios que sofre a Terra a causa da contaminación. Gaia, o espírito da Terra, ante a imposibilidade de loitar contra as forzas do mal, encarnadas unhas veces en homes ávidos de poder, outras en criaturas que fan mal por pracer, entrega cinco aneis máxicos a cinco rapaces moi especiais pertencentes cada un deles a un continente. A Kwane de África, outórgalle o poder da terra, a Wheeler de Norteamérica, o poder do lume, a Linka da Unión Soviética o poder do vento, Gi de Asia o poder da auga e a Mattí de América do Sur o poder do corazón.
Os catro primeiros poderes corresponden cos e
lementos clásicos da natureza, mentres que o quinto, o corazón, representa o amor.
Cando os cinco aneis se xuntan fan acudir ao Capitán Planeta e todos eles axudarán a Gaia a manter a paz na Terra.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí