Especiais
Don dracula (Debuxos)
30/05/2000
Ficha técnica:
- Produción: Xapón, 1982
- Sinopse: Don Drácula é unha serie de animación realizada a partir dun cómic manga que leva o mesmo título.
Drácula está no Xapón vivindo con súa filla Chocola e o criado Igor. O profesor Van Helsing chega ao país para destruílo.
O profesor Helsing padece de hernia e cada vez que se pon nervioso precisa ir ao retrete ou ao que atope, para baleirarse. Isto ocorre normalmente cando está en presenza dun vampiro. A filla de Drácula, Chocola, estuda nun colexio ás tardes, porque a luz da mañá a destruiría. Hai outros personaxes, como o inspector Murai de gatillo doado, ou Blonda, unha muller bochuda que desexa ardentemente que Drácula lle clave os seus dentes cairos e lle chupe o sangue, para desconsolo del.
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí