CRTVG

Buscar

Os Bolechas One2Three

How are you?

Os Bolechas one2three é a serie da Televisión de Galicia para aprender as primeiras nocións de inglés da forma máis divertida e cos personaxes máis queridos das nenas e nenos galegos. Cada capítulo desenvolvese arredor dunha temática sobre a que xira tanto a clase de inglés dos Bolechas como a canción da sección “Sing with me” e o desafío final, “ABC”, que permite aos personaxes da serie, e tamén aos cativos, poñer a proba o aprendido.

O curso de inglés dos Bolechas está avalado pola Universidade de Santiago de Compostela e pensado para escolares de educación infantil e primaria que realizan o seu primeiro achegamento á lingua de Shakespeare, de aí o carácter desenfadado e divertido da serie. Trátase de familiarizar aos pequenos co novo idioma de xeito natural, usando para iso uns personaxes que coñecen ben, tanto a través dos libros como da serie que vén emitindo a TVG desde o ano 2012.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí