CRTVG

Buscar

Turbo fast

Turbo é un caracol de xardín que soña con chegar a ser o caracol máis rápido do mundo. Cando un estraño accidente lle dá o poder da súper-velocidade, Turbo intentará cumprir o seu soño. Primeiro fai amizade cun grupo peculiar de caracois da rúa tuneados e obsesionados coa velocidade cos que aprende que ninguén chega a ter éxito só. Así que coloca o seu corazón e a súa cuncha na liña de saída disposto a axudar os seus compañeiros a acadar as súas arelas antes de facer realidade o seu soño imposible: gañar as 500 millas de Indianápolis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí