CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Lugo acusa a seis oficiais da Policía Local de insultala e eles négano

Publicado o 15/03/2019 16:24

Novo capítulo no conflito da Policía Local de Lugo. A alcaldesa acusa seis oficiais de insultala, algo que eles negan. A socialista Lara Méndez prepara xa un expediente disciplinario por insubordinación e desobediencia.

Son algúns dos seis oficiais da Policía Local de Lugo que se van enfrontar a un expediente disciplinario promovido pola alcaldesa. A socialista Lara Méndez citáraos para explicarlles a proposta de reorganización do corpo, pero segundo a súa versión os policías rebeláronse, abandonaron a sala e insultárona. Os acusados ofrecen unha versión ben distinta.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: "Interromperon a miña intervención e incluso se dirixiron a nós con insultos".

Benito Martínez, policía local: "Tería que saír do atolladero mencionando uns presuntos insultos, que ao principio parecían de todos, agora parece ser que só duns, malia que non di que insultos. Que non os houbo, por suposto".

Consideran un engano que os convocase para falar da reorganización da Policía cando Lara Méndez xa tiña preparado o decreto, aprobado hoxe mesmo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019