CRTVG

Buscar

A autopsia realizada a Julen confirma que o pequeno morreu pola caída ao pozo

Publicado o 15/04/2019 16:58

A autopsia realizada a Julen, o neno de dous anos que morreu tras caer o pasado 13 de xaneiro a unha prospección en Totalán, Málaga, determinou que o pequeno faleceu pola caída ao pozo.

O informe definitivo conclúe que morreu sobre as 13.50 h do 13 de xaneiro e que a "causa fundamental da morte foi por precipitación", "ao sufrir un traumatismo cranioencefálico e raquimedular".

Os forenses descartan a posibilidade de que o neno puidese morrer polos golpes dunha picaraña, xa que esta comezou a usarse case catro horas despois da caída do neno. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí