CRTVG

Buscar

A oposición rexeita os orzamentos para A Coruña da Marea Atlántica

Publicado o 11/02/2019 21:31

O pleno da Corporación municipal da Coruña debateu na tarde deste luns o proxecto de orzamentos presentado polo Goberno da Marea Atlántica para este 2019 cunha previsión de ingresos de 252 millóns de euros. A oposición criticou as contas e tamén o atraso na súa presentación, cando faltan só tres meses para as eleccións.

Desde o Goberno local defenden uns orzamentos que supoñen, din, un incremento en relación ao 2018.

A Marea Atlántica quedou soa na votación, polo que os orzamentos non saíron adiante. Socialistas e PP votaron en contra e o BNG abstívose.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019