CRTVG

Buscar

A Unión Europea estuda impoñer unha taxa que penalice os gases das vacas

Publicado o 12/03/2019 19:20

A Unión Europea estuda impoñer unha taxa que penalice as emisións de gases de efecto invernadoiro das explotacións gandeiras. Dende Bruxelas lembran que cada vaca pode producir ata 300 litros de metano diarios e que é preciso reducir as emisións ou ben gravalas para desenvolver políticas contra o quecemento global. Os gandeiros ven desproporcionada a medida e cren que tería un impacto moi negativo no sector.

Segundo a Unión Europea, as vacas tanto de leite coma de carne son responsables do 10% das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmósfera, principalmente de metano. Os estudos que manexa Bruxelas din que cada animal pode liberar diariamente ata 300 litros dese gas. Por iso, valoran fixar un imposto para que os gandeiros compensen o dano ambiental que causarían as súas vacas. Aínda que non hai unha decisión definitiva, a medida podería entrar en vigor coa implantación da nova Política Agraria Comunitaria, que entrará en vigor en 2021. Os gandeiros cren que un novo imposto tería unhas consecuencias moi negativas para o sector e inciden en que hai fórmulas máis xustas e eficcaes para reducir as emisións.

A Unión Europea estuda impoñer unha taxa que penalice as emisións de gases de efecto invernadoiro das explotacións gandeiras. Dende Bruxelas lembran que cada vaca pode producir ata 300 litros de metano diarios e que é preciso reducir as emisións ou ben gravalas para desenvolver políticas contra o quecemento global. Os gandeiros ven desproporcionada a medida e cren que tería un impacto moi negativo no sector.

Cos prezos que se están a pagar polo leite e pola carne, un novo imposto sería mortal para os gandeiros. Hai que penalizar outras prácticas e buscar novos modelos de gandería.

A intención da Unión Europea é a de reducir nun 40% a emisión de gases de efecto invernadoiro entre o 2021 e o 2030. Por eso, cren que o novo imposto serviría para que non se amplíen as cabanas gandeiras e se faga unha gandería sustentable e máis respetuosa co medio ambiente. Con todo, os donos das vacas cren que é en sectores como o transporte ou a industria onde se debe incidir para reducir as emisións e lembran que son eles os que manteñen as fragas, cultivos e montes en bo estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019