CRTVG

Buscar

A Xunta destina 30 millóns en axudas para a modernización de empresas do sector agroforestal

Publicado o 11/02/2019 15:39

Anunciouno o conselleiro de Economía durante a súa visita a empresa Industrias Guerra. Conde destacou esta compañía galega é un exemplo no que a innovación e diversificación se refire.

Industrias Guerra leva máis de 65 anos construíndo en Vila de Cruces guindastres forestais e mariños que venden en medio mundo. Actualmente, o 35 % da súa produción é para mercados exteriores. Un dos seus últimos encargos foi de Noruega. Trátase de catro guindastres de máis de 30 metros de altura que se instalarán nunha piscifactoría móbil.

Este novo encargo enmárcase dentro do proxecto de internacionalización e diversificación que levan impulsando dende esta empresas nos últimos anos.

Industrias Guerra factura anualmente uns 12 millóns de euros e dá traballo a máis de 100 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019