CRTVG

Buscar

Accidente brutal cerca de Aguete, en Marín, que acaba cun morto e un ferido grave

Publicado o 14/04/2019 19:25

Os bombeiros do Morrazo tiveron que intervir esta tarde nun accidente de tráfico no que perdeu a vida un home e o outro ocupante do vehículo resultou ferido moi grave. A Garda Civil está a investigar os motivos polos que o coche puido botarse da vía e chocar contra un muro primeiro e despois contra o peche dunha casa e un poste do tendido eléctrico.

O condutor, de 38 anos, faleceu e o seu ocupante foi trasladado a un centro hospitalario despois de que fora preciso excarcerar os dous corpos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019