CRTVG

Buscar

Ana Pastor repite como cabeza de lista en Pontevedra

Publicado o 15/03/2019 21:06

O Partido Popular renovará o 40% dos cabezas de lista para as eleccións do 28 de abril. As candidaturas preséntanse este sábado. Algúns dos novos nomes que transcenderon son os de Juan José Cortes, o pai da pequena Marí Luz, ou a xornalista Cayetana Álvarez de Toledo, que encabezará a candidatura de Barcelona. En Galicia, a vicesecretaria de Comunicación do partido, Marta González encabezará a lista pola Coruña. Jaime de Olano será o número 1 en Lugo, Ana Vázquez en Ourense e Ana Pastor repetirá como cabeza de lista por Pontevedra.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019