CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro, homenaxeada en Ribeira: "É onde mellor me sinto"

Publicado o 14/03/2019 22:55

Ana Peleteiro foi recibida como unha heroína esta tarde na súa terra. Houbo recepción oficial e despois discurso dende o balcón do concello. 200 persoas agardaban a atleta, entre elas a familia, moi emocionada.

Ana Peleteiro acaba de proclamarse campioa de Europa en Glasgow cun salto de 14 metros e 73 centímetros, novo récord de España e primeiro título absoluto para a triplista, de 23 anos.

Ana dixo que o seguinte reto será regresar a este mesmo balcón pero cun metal do Mundial de Doha que se celebra en outubro.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019