CRTVG

Buscar

Angelines e Nair, pioneiras en sacar o carné de conducir en San Xoán de Río

Publicado o 15/03/2019 21:36

E agora imos ata o concello ourensán de San Xoán de Río para coñecermos dúas mulleres pioneiras. Foron as primeiras do seu municipio en sacar o carnet de conducir aló pola década dos sesenta. Ambas seguen conducindo a día de hoxe. Levan o maleteiro cheo de lembranzas e anécdotas dunha época na que as mulleres eran toda unha rareza nas autoescolas. Elas foron quen de rachar cos estereotipos.

Corría o ano 68 cando o marido de Nair conseguiu unha licenza de taxi. Ela deixou o seu traballo no campo e apuntopuse a autoescola para ser a nova taxista de San Xoan de Río. E non quedou aí a cousa.

E xa antes que ela no 1962 Angelines animada polo seu marido sacaba o carnet de conducir nada menos que en Barcelona. Tiña vinte anos.

Elas non lle dan demasiada importacia porque din, o feito de conducir formou sempre parte das súas vidas. Pero a realidade é outra ben distinta.

Os seus veciños fixéronlle unha homenaxe o pasado 8M: por romper barreiras e estereotipos e por facilitar o camiño de cara a igualdade.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019