CRTVG

Buscar

Aparecen mortas unha anciá e a súa filla sen sinais de violencia, en Córdoba

Publicado o 11/02/2019 15:58

A Garda Civil investiga as circunstancias da morte de dúas mulleres, nai e filla, na súa casa da localidade cordobesa de Santaella. Os cadáveres das mulleres, de 80 e 58 anos de idade, non presentaban sinais de violencia.

As autoridades activaron o protocolo xudicial para esclarecer os feitos e agardan os resultados das autopsias.

Foron os veciños os que alertaron a Policía Local despois de comprobar que as luces da vivenda das falecidas levaban varios días acesas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019