CRTVG

Buscar

Borja Golán perde un partido en España 17 anos despois

Publicado o 11/02/2019 17:28

E en squash, Borja Golán xa non é o campión de España. Custa creelo porque o santiagués levaba 17 anos sen perder un partido, pero os rivais apertan e, con 36 anos, Borja non puido prolongar en Cuenca a que xa é unha serie inigualable no squash español.  

Edmon López, 22 anos. Pasará á historia do squash espñaol por ser o primeiro que lle gaña un partido a Borja Golán dende o 2002. Si. Dende o 2002. Pois gañáronlle. E pasaron 17 anos. Dende este día, en Mallorca, cando Golán tiña só 19 anos e decidiu ser profesional. Logo, a historia dun galego imbatible en España, un par de veces campión de Europa e capaz de ter un sitio no exclusivo grupo dos dez mellores do mundo. Unha historia atípica no mundo do deporte. O rei do squash español ata que, dezasete anos despois, perdeu un partido.

Día a día. Ten 36 anos. E dentro dun par de semanas ten billete para o mundial. Quen sabe se o derradeiro mundial de Borja Golán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019