CRTVG

Buscar

Casadesús rescata un punto para o Alcorcón e amarga o Dépor (2-2)

Publicado o 04/03/2019 22:50

Un gol de Víctor Casadesús cando faltaban catro minutos para o final do encontro permitiulle ao Alcorcón rescatar un punto (2-2) no estadio de Riazor, onde o Deportivo remontara o gol inicial do arxentino Esteban Burgos con dous goles de Quique González, o segundo nun penalti moi protestado.

Ao dianteiro do Alcorcón bastáronlle tres minutos no céspede para amargar o Deportivo, que se fixou como obxectivo aproveitar os tres partidos de marzo no seu campo e os tres puntos do duelo co Reus para chegar ás posicións de ascenso directo e que, tras o empate co Alcorcón, queda a catro puntos do segundo clasificado e a cinco do líder.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019