CRTVG

Buscar

Debátense os presupostos no medio de especulacións sobre un adianto electoral

Publicado o 12/02/2019 08:33

A ministra de Facenda comeza ás doce do mediodía a súa intervención no pleno en se que debate hoxe e se vota mañá a tramitación dos presupostos xerais do Estado. Tramitación que non poderá iniciarse a non ser que Esquerra e PdeCat retiren a súas emendas á totalidade. Onte, a axencia EFE, chegou a publicar que Moncloa baralla xa o 14 de abril como data para un eventual adianto electoral.

Gabriel Rufián, ERC: "Paréceme un bo día, o día que filtrou o señor Sánchez. A Esquerra Republicana non se chantaxea. Se o presidente do Goberno quere convocar eleccións, Esquerra Republicana pide día e pide hora".

Elsa Artadi, PDeCat: "A decisión das eleccións, de se retiran presupostos se van a eleccións ou volven á mesa de diálogo agora mesmo está sobre a mesa. E partir de aquí nós actuaremos sobre realidades e non sobre especulacións".

A suposta filtración da data provocou malestar nun sector do PSOE, que a considera precipitada. Pero a vicesecretaria xeral responde que o criterio é do presidente do Goberno e debe responder ao interese xeral.

Adriana Lastra, vicesecretaria xeral do PSOE: "É que nós estamos en sacar adiante os presupostos xerais do Estado, porque son bos para España. E en todo caso, de verse acurtada a lexislatura, é ao presidente do Goberno a quen compete esa decisión en exclusiva e sempre o fará en pos do interese xeral dos españois".

Tamén se baralla a data do 28 de abril, o 'superdomingo' ou as eleccións en outono, a opción que defenden os que buscan que non haxa interferencias polo xuízo do procés. O ministro de Exteriores, que hai só uns días se amosaba confiado en obter o apoio dos grupos cataláns, responde agora así aos xornalistas:

Josep Borrell, ministro de Exteriores: "Creo que perdín a aposta. Que lle imos facer!".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019