CRTVG

Buscar

Comisan uns 300.000 euros en roupa falsificada en Ourense no que vai de ano

Publicado o 15/04/2019 17:28

A Garda Civil de Tráfico de Ourense comisou no que vai de ano roupa falsificada valorada nuns 300.000 euros e que iría parar a mercados ambulantes e mesmo a tendas de toda España. As incautacións realizadas adoitan producirse pola noite na autovía A-52, en sentido á meseta e tamén á A-75 que vai de Verín á fronteira portuguesa.

Este é o último cargamento de roupa falsificada que aprehendeu a Garda Civil de Verín neste control de Tráfico realizado o luns pasado na autovía A-75, próximo á fronteira portuguesa. Os axentes localizaron en dous días dúas furgonetas co interior cheo de caixas con roupa falsificada. Neste caso, o valor no mercado superaría os 68.000 euros. E no que vai de ano xa comisaron roupa por valor de 300.000 euros.

Os casos remítínse aos xulgados, neste caso ao de Verín, para a súa investigación por ese delito contra a propiedade industrial. O máis común son as incautacións de todo tipo de roupa, camisetas, pantalóns, bufandas... de marcas falsificadas. O destino adoitan ser mercados ambulantes pero tamén tendas de Galicia e España.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019