CRTVG

Buscar

Corea do Norte conmemora a súa fundación

Publicado o 15/04/2019 18:55

Corea do Norte celebra este luns o Día do Sol. Boa parte dos 24 millóns de norcoreanos festexan o 107 aniversario do nacemento do fundador do país, Kim Il-Sung.

Como adoita ser habitual, as rúas enchéronse de ofrendas florais e reverencias ante as efixies do avó do actual presidente.

A diferenza doutros anos, as celebracións careceron desta volta de retórica belicista, coincidindo coa melloría das relacións diplomáticas cos Estados Unidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019