CRTVG

Buscar

Ence cifra en 185 millóns de euros de perdas o impacto do peche na ría de Pontevedra

Publicado o 15/03/2019 19:59

Os traballadores da pasteira alertan de que a noticia os sitúa no peor dos escenarios, e advirten de que, en caso de que o tribunal acepte a nova posición do Goberno central sobre a concesión da fábrica, se produciría unha forte destrución de emprego.

Os empresarios auguran un grave dano ao sector forestal galego que lidera esta industria en España. Ence cifra en 185 millóns de euros o impacto que tería un posible cesamento da actividade. O presidente da Xunta esíxelle ao Goberno que rectifique e aposte pola prórroga de Ence. Feijóo comprométese a defender os postos de traballo e a continuidade da actividade industrial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí