CRTVG

Buscar

Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, fronte común ante a futura PAC

Publicado o 16/03/2019 11:43

Galicia consensúa co resto das comunidades da cornixa cantábrica o posicionamento ante a futura PAC, a Política Agraria Común que se xesta en Bruxelas. Nunha xuntanza en Oviedo traballaron nun documento que avoga por unha repartición máis xusta e equitativa.

Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco son comunidades con intereses semellantes. Piden máis axudas para os produtores de alimentos e para os que desenvolven a súa actividade na montaña. E defenden o modelo de explotación familiar.

José González, conselleiro do Medio Rural: "Cando se negocie no conxunto do estado español que poidamos cada un defender, e aquí en común tamén, as especifidades das nosas explotacións. Cremos todos que a unión fai a forza e hoxe na cornixa cantábrica queremos transmitir esa imaxe de unión en defensa dos seus agricultores e gandeiros".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019