CRTVG

Buscar

Iriome: "No treito final da temporada, os equipos de abaixo poden dar moitas sorpresas"

Publicado o 15/03/2019 18:07

As vitorias dalgúns rivais directos complicaron a fin de semana dos tres puntos automáticos para o Lugo. A volta á competición marca o inicio do sprinte final con duros partidos contra Cádiz, Albacete, Alcorcón e Osasuna. Iriome, C. D. Lugo: "Esta fin de semana os resultados non acompañaron moito, pero non queda outra que seguir. Imos a un campo difícil, pero non é o único que nos queda ata o remate da temporada. Temos que ir paso a paso e sacar algo positivo."

O exemplo a seguir pode ser a última media hora de Oviedo, onde os de Monteagudo dominaron un rival da zona alta. E é que, chegados a este punto, as urxencias de todos fan posible calquera resultado. Iriome, C. D. Lugo: "Xa se viu en temporadas anteriores, que a xente de arriba se enfronta á xente de abaixo, e quizais está máis necesitada que os da parte alta e poden dar a sorpresa. Equipos que poden estar descendidos tamén che poden fastidiar a fin de semana. Ninguén regala nada, todos xogan os garavanzos."

Os lugueses visitan Cádiz moi atentos ao que faga o Extremadura, que está a catro puntos, en Albacete.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019