CRTVG

Buscar

Martí dirixe o seu primeiro adestramento en Abegondo

Publicado o 09/04/2019 20:40

Primeira toma de contacto entre o Deportivo e o novo técnico en Abegondo. José Luis Martí ponse mans á obra. Quedan nove partidos para que remate a liga. E o adestrador non quere perder o tempo. Chega con enerxía. A súa primeira sesión na Coruña foi intensa. Martí esíxenlles esa mesma intensidade aos xogadores. Vímolo moi pendente de todos e de cada detalle. O técnico debuta este sábado co líder, o Osasuna, no Sadar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019