CRTVG

Buscar

Nace o Consello Técnico de Atención Primaria

Publicado o 15/04/2019 18:39

É un órgano onde van sentar os colexios profesionais, a Xunta e representantes cidadáns para ofrecer recomendacións para a mellora da Atención Primaria. A súa creación foi un dos acordos que o Executivo galego e os sindicatos acordaron a semana pasada.

A Consellería de Sanidade publica este luns a creación do Consello Técnico de Atención Primaria. Estará formado por un máximo de 45 persoas de recoñecido prestixio no ámbito da saúde, procedentes tanto dos colexios profesionais do sector, como da Xunta, sindicatos e outras entidades.

Vanse reunir como mínimo dúas veces ao ano para analizar as necesidades de persoal na Atención Primaria e propor medidas para mellorar o seu funcionamento. Del tamén se esperan recomendacións sobre programas de diagnóstico precoz, organización do sistema público de saúde ou sobre aspectos relacionados coa formación, investigación ou docencia na Atención Primaria. O mandato dos seus membros será de 3 anos.

A creación do Consello Técnico de Atención Primaria foi un dos acordos aos que chegaron a Xunta e os sindicatos hai unha semana para desconvocar a folga nos centros de saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019