CRTVG

Buscar

O 40% dos maiores de 65 anos sente soidade emocional

Publicado o 15/04/2019 21:03

Soidade emocional. Iso é que sente o 40 por cento das persoas maiores de 65 anos, segundo un informe elaborado a nivel nacional. Un sentimento que pode aparecer noutras idades, pero que prevalece e aumenta co paso dos anos.

Familia e amigos son as persoas que mellor os coñecen e que poden reactivalos, moitas veces facendo cousas cotiás que poden parecer pequenas, pero que son importantes porque necesitan vivencias e sentirse útiles. Para eles, crear unha nova rede social cando mudan de cidade ou de contexto é complicado.

Os expertos aconsellan fortalecer as afeccións e as amizades cando se achega á xubilación, un momento de inflexión na vida social dunha persoa. En Galicia moitos maiores mudan do rural a unha cidade para vivir cos fillos. Acudir a centros ou a actividades onde poidan reunirse e coñecer xente nova é imprescindible para tentar que creen unha nova contorna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade