CRTVG

Buscar

Os discapacitados intelectuais piden a retirada da última instrución da Xunta Electoral Central

Publicado o 15/03/2019 19:22

Os  colectivos de persoas con discapacidade piden a retirada inmediata da última instrución da Xunta Electoral Central. Consideran que a medida cuestiona as condicións de voto dun colectivo que por vez primeira vai poder votar, sen exclusións, nas vindeiras eleccións xerais.

Dani vai ir votar o vindeiro 28 de abril. El era unha das 100.000 persoas con discapacidade intelectual que tiña retirado este dereito por orde xudicial. Pero logrou recuperalo en outubro, cando un cambio na Lei Electoral recoñeceu o voto para todo este colectivo, sen ningun tipo de exclusións. Dani ten claro para quen vai a súa papeleta.

Recuperaron o voto despois dunha longa loita iniciada por unha familia compostelá. Así que recibiron como un xerro de auga fría a última instrución da Xunta Electoral. Esta permite que calquer membro da mesa que sospeite da manipulación destes votantes poda pedirlle o DNI e o deixalo reflexado na acta.

Esixen que a anulación dunha medida que cualifican de "intolerable" e "discriminatoria" e confían en que Dani poida participar nas vindeiras eleccións coa mesma normalidade que o resto dos cidadáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019