CRTVG

Buscar

O Congreso dos EUA rexeita a urxencia decretada por Trump para financiar o muro

Publicado o 14/03/2019 20:46
O Congreso dos EUA rexeita a urxencia decretada por Trump para financiar o muro

O Senado dos EUA votou hoxe a favor dunha resolución en contra da urxencia nacional decretada polo presidente estadounidense, Donald Trump, para financiar o muro na fronteira con México, dúas semanas despois de que a Cámara Baixa fixera o mesmo.

Este resultado (59-41) chegou despois de que doce senadores republicanos e todos os demócratas votaran contra a declaración de urxencia de Trump para desviar fondos para a construción do muro. 

Trump pode empregar o dereito a veto e devolvela ao Congreso e necesitará dous terzos da cámara para facela efectiva. O feito de que o Senado, de maioría republicana, amose a súa confrontación con Trump supón un golpe á súa autoridade no partido. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019