CRTVG

Buscar

O galego Luis Liz Marzán, Premio Nacional de Investigación

Publicado o 16/03/2019 11:44

A loita contra enfermidades como o cancro podería dar un salto cualitativo grazas a investigacións como a que dirixe o galego Luis Liz Marzán, que acaba de lograr o Premio Nacional de Investigación. O seu equipo traballa no deseño de nanomateriais que infiltrados nos tecidos permitirían detectar un cancro de forma máis precoz e mellorar o seu tratamento.

Liz Marzán leva anos dirixindo este centro de investigación biomédica, no País Vasco. Alí traballan no deseño de novos materiais, nanopartículas que permitirían mellorar a diagnose e tratamento de distintas enfermidades como o cancro.

Luis Liz Marzán, premio Nacional de Investigación: "Materias capaces de detectar o cancro cunha pequena mostra de sangue ou de adentrarse nun tumor para coñecer o seu funcionamento. Tamén poderían usarse para rexenerar a comunicación dunha espiña dorsal danada".

Luis Liz Marzán, premio Nacional de Investigación: "Aínda tarderemos en ver a súa aplicación, pero a importancia do seu traballo xa foi recoñecido co Premio Nacional de Investigación que no apartado de química non se convocaba dende había 7 anos"

Luis Liz Marzán, premio Nacional de Investigación: "Insiste así e todo en que aínda nos queda moito que facer. En España invístese neste intre tan só o 1, 2 por cento do PIB en investigación, fronte ao 2 de media da Unión Europea".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019