CRTVG

Buscar

O Supremo avala a denegación da Xunta ao proxecto mineiro de Corcoesto

Publicado o 15/03/2019 20:00

 O Tribunal Supremo avala a denegación da Xunta ao proxecto mineiro de Corcoesto. Faino tras non admitir a trámite o recurso de casación presentado pola empresa. A mineira acudiu ao Supremo despois de que en outubro do ano pasado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimase o seu recurso contra a resolución da Xunta de 2014 en que lle denegaba a explotación de ouro en terreos dos concellos de Cabana de Bergantiños e de Coristanco. Contra esta providencia do Supremo non cabe recurso, xa é firme. Deste xeito, a empresa mineira esgota todas as vías xuridicas polo que é definitivo que non explotará ouro en Corcoesto.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019