CRTVG

Buscar

O TS reúnese para decidir se a xuíza actuou de xeito correcto no caso Isabel Fuentes

Publicado o 11/02/2019 11:19

O Supremo reúnese hoxe para decidir se a xuíza actuou de xeito correcto ou non no caso do asasinato de Isabel Fuentes.

Saberemos se se exime definitivamente a xuíza instrutora ou se reabre a investigación para aclarar se puido cometer unha neglixencia. A familia considera que a morte de Isabel Fuentes puido evitarse se a maxistrada fixese caso ás advertencias da policía, que sospeitaba xa dende un principio do seu home.

O autor deste asasinato machista, Aniceto Rodríguez, condenado a 32 anos de cárcere, faleceu en prisión. Recordamos que Isabel Fuentes foi vítima dun intento de asasinato a marteladas no seu domicilio en Pazos. Despois quedou ingresada no CHUO e cando se estaba a recuperar o seu home acabou coa súa vida a coiteladas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019