CRTVG

Buscar

Os bombeiros de Vigo liberaron un condutor que envorcou co seu vehículo na AP-9

Publicado o 15/04/2019 20:32

Os bombeiros de Vigo tiveron que liberar un condutor que envorcou co seu coche a primeira hora desta tarde na autoestrada AP-9.

O home foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro polo 061. Están por determinar as causas do sinistro, que aconteceu a poucos metros do primeiro dos dous túneles da Madroa, en sentido a Baiona. Por mor do accidente, quedou cortado un dos carrís da autoestrada, polo que se formaron retencións quilométricas. Arestora, a circulación xa está restablecida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade