CRTVG

Buscar

O Goberno cre que a estrutura "pode salvarse"

Publicado o 15/04/2019 23:07

O Goberno francés cre que a estrutura da catedral de Notre Dame de París "pode salvarse", debido ao arrefriado rexistrado nos últimos minutos, aínda que convidou a "seguir sendo prudentes".

Nos labores de extinción do incendio, que se declarou pouco antes da 19.00 hora local, despois do peche do monumento ao público, participan 400 bombeiros e hai 18 canóns de auga e medios aéreos e acuáticos desde o próximo río Sena.

O presidente francés, Emmanuel Macron, acudiu aos arredores de Notre Dame de París para seguir o traballo dos bombeiros acompañado polo primeiro ministro, Édouard Philippe. Outros membros do seu Goberno, entre eles a ministra de Defensa, Florence Parly, o titular de Cultura, Franck Riester, e o secretario de Estado de Interior, trasladáronse igualmente ao posto de mando desde onde se supervisan as operacións.

Antes de desprazarse ata a catedral, o xefe do Estado decidira aprazar un discurso de gran importancia que debía retransmitirse por televisión á 20.00 hora local e no que se esperaba o anuncio de medidas para tentar pechar a crise dos "chalecos amarelos" aberta fai cinco meses. Nunha primeira mensaxe na súa conta de Twitter, Macron manifestou a "emoción de toda unha nación" polo incendio e indicou que pensaba en todos os católicos e todos os franceses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade