CRTVG

Buscar

Os calvos, persoas con acne ou cicatrices non poden optar a un posto de bombeiro en Portugal

Publicado o 15/04/2019 17:09

En Portugal, saltou a polémica esta fin de semana ao coñecérense os requisitos para ser bombeiro na nova empresa de gardabosques que creou o Goberno. Os calvos, persoas con acne ou cicatrices, entre outros, non poden optar a un posto.

Despois dos incendios de hai dous anos que acabaron coa vida de máis de 100 persoas o Goberno comprometeuse a crer un corpo profesional de bombeiros que impida que algo así volva pasar. Sacaron 200 prazas para formalo e con elas os requisitos como, por exemplo, facer un exame e ter entre 18 e 27 anos de idade. Pero a polémica xurdiu no apartado de inaptitudes médicas.

Alí atopámonos con que non poderán ser aspirantes os que teñan tatuaxes, psoríase, acne do rostro ou manchas de pigmentación. E, atención, porque tampouco serán válidas as persoas con alopecia, con caries en máis de 4 dentes ou a quen lle falten máis de 12 pezas dentais na boca. Os xornais fan bromas hoxe con que só un home ou muller perfecto poderá ser bombeiro en Portugal, mentres que o Goberno aínda non se pronunciou ao respecto.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade