CRTVG

Buscar

Pachi Vázquez presenta no Carballiño Espazo Común

Publicado o 15/03/2019 21:04

O ex-secretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vázquez, presenta a esta hora no Carballiño o seu novo partido Espazo Común e non descarta ser candidato nas próxiimas eleccións municipais. No acto de presentación deste movemento de acción cidadá, Vázquez dixo que está á disposición do que decida a maioría dos integrantes da formación, sexa no Carballiño ou en calquera outro lugar. O ex-secretario dos socialistas galegos elixiu esta comarca ourensá para presentar o seu proxecto por considerar que é o lugar onde ten máis opcións de conseguir representación, xa que foi alcalde do Carballiño durante máis dunha década.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019