CRTVG

Buscar

Polémica pola final de rugby nun campo de herba artificial

Publicado o 15/03/2019 18:09

E polémica no rugby feminino porque a final de liga da próxima semana en Madrid entre o Crat coruñés e o INEF catalán se vai xogar en Alcobendas. Esa final vai ser ofrecida pola Televisión de Galicia. Esa final tiña que xogarse no escenario en que xoga habitualmente a selección española. No campo da Universidade Complutense. Herba natural. A federacióon decidiu que se dispute en Alcobendas. Herba artificial.
O CRAT enviou unha carta de protesta. De disconformidade coa decisión.

Elena Roca, adestradora do C.R.A.T: "Queriamos xogar no estadio nacional, que é o central, que está no centro da cidade e no que se centran todas as grandes emocións do rugby. Non quero pensar en discriminación. Eu coido que é unha mala xestión por parte da federación, porque desde o verán está planificada a temporada e sabe que esta data é para a final da Liga Iberdrola de rugby división de honra"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019