CRTVG

Buscar

Policías españois patrullarán zonas turísticas portuguesas esta Semana Santa

Publicado o 15/04/2019 19:43

Os axentes españois desprazados a Portugal son luso parlantes e patrullarán a pé ou no seu vehículo oficial ata o vindeiro 27 de abril.

A Policía Nacional participa desde 2008 no programa Comisarías Europeas, cabo doutras forzas de seguridade de países comunitarios. Neste caso, oito axentes españois traballarán en comisarías das cidades portuguesas de Faro, Peniche e Alcobaça.

Este verán cambiarán as quendas porque serán os policías portugueses quen fagan patrullas conxuntas cos axentes españois en Santiago e Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019