CRTVG

Buscar

Os produtores de aceite galegos melloran a xestión dos residuos das súas oliveiras

Publicado o 16/03/2019 12:57

Uns 140 agricultores forman parte da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia. Na súa maioría son plantacións duns 5.000 metros cadrados de autoxestión completa. Por iso a asociación decidiu enrolarse nun proxecto para mellorar a xestión dos residuos deste tipo de cultivos.

Cada tonelada de olivas procesadas para a produción de aceite pode xerar ata 1.000 quilos de residuos. Mal xestionados poden supor un risco para o medio ambiente, pero co tratamento axeitado darán lugar a compostos cun alto valor engadido no campo. Galicia e Andalucía traballan nun proxecto no que participan tamén as universidades de Vigo e Santiago para valorizar eses residuos e convertelos nunha riqueza.

A Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia desenvolve unha parte fundamental: o asesoramento normativo dos agricultores. En Galicia hai uns 150 agricultores asociados a este colectivo que cultivan unhas 150 hectáreas con preto de 200.000 oliveiras.

En 2018 produciron máis de 20.000 quilos de olivas e 2.200 litros de aceite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019

Máis sobre actualidade