CRTVG

Buscar

Retómase o xuízo do 'procés' coa declaración do número dous de Daniel Baena

Publicado o 15/04/2019 08:22

Hoxe adiántase o recomezo do xuízo do procés, por mor da Semana Santa. Esta décima semana do xuízo comezará co testemuño do que foi secretario dos atestados que serviron para nutrir a causa dos preparativos do referendo no xulgado 13 de Barcelona. Este garda civil é o número dous do tenente coronel Daniel Baena, que xa declarou e que liderou a investigación do 1 de outubro.

O de hoxe é probablemente o último testemuño clave que lles resta ás acusacións antes de dar paso ás testificais propostas polas defensas, tras as festas da Semana Santa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019

Máis sobre actualidade