CRTVG

Buscar

Rescatan un transbordador en Caminha nun simulacro con 100 profesionais

Publicado o 15/03/2019 16:47

Foi un despregamento como poucas veces podemos ver, afortunadamente. Unha coordinación de equipos de urxencias galegos e portugueses para simular o rescate dun transbordador que afundiu despois de que un avión antiincendios batera con el ao recoller auga aquí no río Miño.

A Axencia Galega de Emerxencias, o Exército do Aire, a Comandancia Naval de Tui, Bombeiros do Porriño, a Capitanía Marítima de Caminha, os servizos médicos de urxencia de Portugal e Garda Nacional Republicana son só algúns dos corpos implicados neste rescate ficticio que afianza as colaboracións neste tipo de actividades a un e outro lado da fronteira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019