CRTVG

Buscar

Segue a busca do quinto asaltante da cervexería de Estrella na Coruña

Publicado o 15/03/2019 14:19

Na Coruña, a Policía Nacional segue á procura dunha quinta persoa do grupo criminal detido na cidade por varios roubos con violencia e intimidación, entre eles, a subtracción de 37.000 euros da recadación da fin de semana dunha cervexería de Catro Camiños.

Os catro detidos, que xa pasaron a disposición xudicial, son investigados por pertenza a grupo criminal e considéraselles tamén autores dun roubo a unha muller dentro da súa casa na zona das Xubias á que, tras intimidala cunha arma de fogo, roubáronlle xoias e cartos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019